12/12/07

SON UNHA GOMA DE BORRAR

Chámome Milan e son unha goma de borrar. Dóeme moito a cabeza cando teño que borrar os lapis de cores, ¡non me gusta nada! Teño un irmán que é un bolígrafo, entón eu non o poido borrar, ten que borralo o “Tipex”.
Teño unha dona chamada Lucía, dende que me comprou non parou de borrar e como quedei pequena tiroume á papeleira e alí tamén había un lapis que o tirara ela por quedar pequeno. Co paso do tempo namoreime. E así foi a miña vida ben longa.
AINOA SOLMO PALLAS

Eu son unha goma de borrar. Eu borro na libreta cando algo me sae mal. Un día perdinme na clase e atopei un lapis. E namoreime. Tivemos un fillo, era un lapis cunha goma detrás para borrar ao que lle chamamos Pablo. Mamá era moi feliz porque tiña un fillo que podía facer as dúas cousas sen depender de ninguén: escribir e borrar.
LUCÍA CANDAL FRANQUEIRA

Eu son unha goma de borrar nova. Pero non me usan. Un día colléronme e empezaron a borrar e a borrar e ao final acabaron comigo. E antes de que me acabaran vin un lapis moi fermoso e funo coñecendo. Ao final casamos e tivemos fillos.
ALBERTO MARTÍNEZ VILLAVERDE

No hay comentarios: