3/12/07

AUTORRETRATOS DE 4º B

Chámome Iria e teño 9 anos, son moi alta para a miña idade porque a miña familia é toda alta e tamén un pouco gorda, teño o pelo curto de cor castaña e o peiteo case sempre coa raia ao lado. Os meus ollos son verdosos, o nariz pequeno e con pencas no verán, a boca pequena cos beizos anchos. Entre as miñas afecións están ler e escribir, aínda que queira ser florista ou perruqueira; son unha nena alegre, aínda que ás veces teño moi malas pulgas.

IRIA RODRÍGUEZ REY

Chámome Pedro, teño 9 anos, son baixo, pelo negro, os ollos marróns, non son nin gordo nin delgado, e son de pel morena. Levo de roupa o chándal do R. Madrid e unhas zapatillas prateadas. Gústanme o fútbol, taekwondo, a piscina, o tenis, o ping pong, andar en bicicleta e ao bádminton. De maior quero ser futbolista ou arquitecto.

PEDRO RODRÍGUEZ VIEITES

No hay comentarios: