12/12/07

"A MIÑA HISTORIA" de Paula Rodríguez García (4º B)

Ola! Eu son Kento e supoño que terei a túa idade. Vivo en Manzaneda cos meus avós. Aínda que son as 6 da tarde, xa é de noite porque estamos nos últimos días deste outono tan frío. O meu pai vai en Asturias, alí é onde traballa. A miña nai é a que reparte xornais na vila. Non lle pagan moito por facelo, pero páganlle. Teño unha irmá, chámase Xoana e ten tres anos.
Eu vou ao colexio, supoño que coma ti. O colexio só dura unhas... catro horas máis ou menos.
Xa é pola mañá e teño que ir ao colexio. Hoxe vou de excursión a Valencia. A profesora di que a excursión durará tres días. A primeira sorpresa é que a profesora nos di que iremos en avión dende Santiago.
A longa viaxe valeu a pena, vai un solazo... buffff! Imos ver un museo de experimentos científicos. Hai uns monitores moi guapos, chámanse Andrea e Carlos, pero Andrea non me cae ben.
- Ti estás tolo! Como te atreves a dicir que teño o cú gordo e malas pulgas? – bérrame a monitora.
- Síntoo moito, Andrea – dixo Kento.
- Como que “síntoo moito, Andrea”? Ademais, dende cando tes tanta confianza para chamarme Andrea? Es un maleducado!
Mais tarde veu a Televisión de Galicia a vernos, pero para min xa era a pior excursión que tivera na miña vida porque me berrara Andrea.
Ao chegar á casa ao día seguinte a miña nai zoscoume no cú e díxome que eu non volvía a unha excursión. Moito chorei daquela...

No hay comentarios: