¡Meu querido!
Cando te miro
núbraseme a vista;
cando te escoito
quédome sen voz.
Coa lúa e coas estrelas
un poema te escribín.
Eu quérote tanto
que non sinto as mans
nin as pernas,
nin o corazón.
Quérote tanto
que ao teu lado
non podo pensar,
só escoitar.
Unha alumna de 4º B
Os aneis de Saturno
vou poñer na túa man
e coa calor de Marte
arde e arde sen parar.
No meu xardín
creceu unha única rosa
que cada vez que a miro
me sorrí moi fermosa.
Pola noite ao mirar a lúa
véxote sempre alí
pousado nunha estrela
co teu doce rir.
Eu estou a escribirche
este poema de amor
con todo o cariño
do meu corazón.
Este poema é a fonte do meu cariño que che mando
Unha alumna de 4º B
Ti es a única para min. Porque un mes sen ti non sería un mes. Cada vez que te vexo recórdasme a unha rosa tan fermosa que as outras rosas son olvidadas. Sen ti non sería ninguén.
Un alumno de 4º B
15/2/08
Suscribirse a:
Entradas (Atom)