12/12/07

MÁIS AUTORRETRATOS DE 4º B

Eu chámome Miguel, teño 9 anos, son de estatura media e delgado, son o cuarto mais baixo da clase.
Teño o pelo marrón, os ollos téñoos medio marróns e medios negros e son moi blanco. Levo sempre roupa cómoda, gústanme os deportes en xeral pero o que mais me gusta é o hóckey, que é o que practico. Eu de maior quero ser científico ou xogador de hóckey. E gústame moito comer carne.


MIGUEL LÓPEZ GARCÍA 4º B

Chámome Ainoa, teño 9 anos, son baixa e delgada, o meu pelo é liso e louro, a miña pel é de cor branca, os ollos azuis, levo uns tenis de cor branca e rosa, un pantalón de pana e unha camiseta de cor branca.
No meu tempo libre gústame: correr, saltar, xogar cos bonecos e os meus pais sempre me din que lles gusta moito o meu pelo. De grande quero ser cociñeira como o meu irmán pero aínda quedan moitos anos para que eu sexa cociñeira.


AINOA SOLMO PALLAS 4º B


Chámome Alberto, teño 9 anos, o pelo negro, son alto e delgado e a miña pel é moura, teño os ollos marróns e a roupa do Barça e o pantalón branco e azul. A miña afección preferida é o fútbol e de maior quero ser futbolista e policía
ALBERTO MARTÍNEZ VILLAVERDE 4º B

No hay comentarios: